Agustin Fernández Paz
Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947.
Cando era neno non habia television na súa casa, entón contábanse contos na lareira, cando era inverno, e na porta da casa no verán. Ademais, o seu pai, carpinteiro e músico, animábao a ler os seus libros, unhas 50 ou 60 novelas que tiña na casa. Gustáballe moito Julio Verne.
De mozo, na escola, gustáballe moito escribir tebeos, contos, redaccións…
Cando era mestre en Mugardos, escribiulle unha novela en galego aos seus alumnos, porque daquela non había textos en galego axeitados para nenos. Logo foi profesor nun instituto de Vigo.
Foi dos primeiros en escribir libros de texto en galego, traballando cun grupo de compañeiros de profesión.
O seu primeiro libro foi As flores radiactivas, que gañou o Premio Merlín. Co seu segundo libro, Contos por palabras, conseguiu o premio Lazarillo, a primeira vez que o gañaba un libro en galego. Eses dous premios animárono a seguir escribindo.
Hoxe en día, é un dos autores galegos que máis libros vende. Este mural coas portadas de algúns dos seus libros "roubámoslla" ao blog As falangueiras, do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Grazas.

Aquí vos quedan algunhas opinións sobor dos libros de Agustín Fernández Paz que estivemos lendo esta temporada:
Thais: Eu lin un conto quese chama "Un tren cargado de misterios" e gústoume porque hai misterio e sorpresas.
Alba: Eu lin "Fantasmas no corredor". Gustoume moito o capítulo 12 porque a nena descubriu os fantasmas. Entón, marcharon para a outra casa porque tiña unha irmá pequena que se chamaba Beba.
Miguel: Eu lin "O soño do merlo branco". No medio era un pouco aburrido, pero o principio e o final estuvo moi ben. A min onde máis me gustou foi no principio, cando o pai lle enseñaba o que tiñan que facer de maiores.
Noelia: Gústoume moito "Rapazas", aínda que ao principio moito non o entendía. Despois, cando avanzaban os capítulos xa ía entendendo todo.
María: Gustáronme moito os contos de "Amor os vinte anos Marilyn", porque son de risa e iso a min encántame. O conto que máis me gústou foi "Un problema de ósos".
Comentarios