Estimadas familias: Aquí vos deixamos diversas actividades, adxuntadas en imaxes, para realizar na casa seguindo as seguintes PAUTAS: -Se tedes acceso a imprimir as imaxes de cada actividade, facédeo e así os vosos fillos poderán cumplimentalas no mesmo papel. -Se non tedes acceso a imprimir as actividades, non pasa nada. Poderán ser feitas na libreta da materia correspondente ou noutro soporte de papel, copiando os enunciados dos exercicios. -Se tedes algunha dúbida sobre algunha tarefa, poñédevos en contacto co correo electrónico: dubidasexerciciosmedeiros@gmail.com e responderásevos coa maior brevidade temporal posible. LINGUA GALEGA 2º DE PRIMARIA: 3º DE PRIMARIA: 4º DE PRIMARIA: 5º DE PRIMARIA:
E chegou o 22 de xuño... Nun curso coma este, parece que cobra un especial significado. Agora podemos dicir ben alto que entre todos/as, conseguímolo! Toda a comunidade educativa comezamos este curso con incertidume, con preocupación, con medos, con toneladas de xel hidroalcóholico, con máscaras, con termómetro, con distancia de seguridade, con pegatinas e carteis que nos indicaban onde colocarnos e como actuar, con ventanas abertas, con festividades e reunións limitadas... en definitiva, con expectación e cautela hacia a nova situación que nos tocou vivir. Certo é, que hoxe, a 22 de xuño, conservamos intactas moitas destas novas rutinas, e posiblemente, tamén incertidume de cara ao futuro. Pero o que non podemos negar é que, neste curso 2020/2021, aprendemos moitas cousas: aprendemos a compartir na distancia (lonxe, pero sempre preto), aprendemos a darnos apertas e ánimo sen sequera tocarnos, aprendemos a sorrir cos ollos e a transmitir toda a nosa ilusión coa mirada, aprendemos que p...
Con algo de retraso, colgamos o video que Marcos, o mestre de música do curso pasado, montou con imaxes de todos nós e unha canción que compuxo Loli, a mestra de E.F. Sirva de recordo do seu paso polo cole, e tamén do de Nuria e Fátima. Que lles vaia ben onde queira que estén este curso. Quizais algún día os vexamos de novo.
Comentarios