Magosto!!!

Este Magosto pasámolo xenial!!! Despois do traballo chegou o día e preparáronnos unha busca do tesouro. Tivemos que seguir pistas por todo o cole; na biblio, no patio, na aula de infantil, na de música, no salón de actos e na de inglés. Xuntamos todas as pistas (letras) ata que formamos unha palabra: trompo!!! Ese era o tesouro!!! Un trompo para cada un que despois decoramos o noso gusto e probamos. Pasou como os pementos de padrón: uns bailaban e outros non!!!Pero todo é práctica!!!Cando rematamos tivemos que repoñer forzas.... vaia paparota!!!!E de postre... castañas, como non!!! Contamos cunhas castiñeiras de primeira! E para rematar xogos populares e un circuito con castaña no lombo incluido.










































VÍDEOS








Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021