Día da paz no CEIP de Medeiros!!

O luns 3 de febreiro foi un día moi especial no que nos reunimos no noso centro os alumnos, profesores e pais do noso colexio e os do CRA de Monterrei.

Tivemos un día diferente cunha velada amenizada por Raquel Queizás na que nos representou unha serie de contos pola igualdade titulada "SOMOS IGUAIS". Rimos moito durante a representación!!

Despois todos alumnos dos dous colexios e tamén algúns pais e profes pintaron un mural pola paz nunha das paredes do patio interior.

Por último, tivemos todos xuntos unha "pinchotada" cun menú variadísimo no que había de todo!: tortilla, croquetas, calamares, empanadas, hoxaldres, pizzas, pan, tartas, bicas...

FOI UN DÍA ESTUPENDO e dende o CEIP de Medeiros queremos darvos as GRAZAS A TODOS pola vosa boa vontade e participación!!!!




















































































































































































































VÍDEOS












Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021