Estimadas familias: Aquí vos deixamos diversas actividades, adxuntadas en imaxes, para realizar na casa seguindo as seguintes PAUTAS: -Se tedes acceso a imprimir as imaxes de cada actividade, facédeo e así os vosos fillos poderán cumplimentalas no mesmo papel. -Se non tedes acceso a imprimir as actividades, non pasa nada. Poderán ser feitas na libreta da materia correspondente ou noutro soporte de papel, copiando os enunciados dos exercicios. -Se tedes algunha dúbida sobre algunha tarefa, poñédevos en contacto co correo electrónico: dubidasexerciciosmedeiros@gmail.com e responderásevos coa maior brevidade temporal posible. LINGUA GALEGA 2º DE PRIMARIA: 3º DE PRIMARIA: 4º DE PRIMARIA: 5º DE PRIMARIA:
Coma todos os anos, dende principios de febreiro, xa notabamos unha sensación rara no corpo... Que será? O Entroido bulindo dentro de nós! 💥💥💥💥 Nestas dúas últimas semanas, entregámonos a este sentimento tan noso. Os máis pequenos e pequenas traballaron arreo a figura do Cigarrón e das máscaras, escoitaron cancións de Entroido e elaboraron pequenos complementos cos que darlle unha nota de cor a cada xornada. Foron indios e indias, ratiñas e ratiños, luciron máscaras cheas de abalorios, e mesmo diseñaron a súa propia carauta de Cigarrón. Os máis maiores deixaron fluír toda a súa xenialidade e con diversos materiais e moito traballo, crearon máscaras de Peliqueiro de Laza, Pantalla de Xinzo de Limia, Boteiro de Viana do Bolo e Pita de Eiroás, coas que nos transportaron a outros Entroidos ancestrais da provincia de Ourense. Coma en todas as celebracións, enchemos o cole de alegría e engalanámolo cos nosos sorrisos ocultos, que se converteron coma por arte de maxia no enigmático sorri
Comentarios