DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. 

Durante estas semanas estivemos coñecendo diversas mulleres de todo o mundo, que loitaron arreo para conseguir moitos dos dereitos dos que hoxe desfrutamos. Descubrimos dende grandes logros, ata pequenos xestos cotiás que se converteron ao longo do tempo nunha gran revolución. 

Tamén aprendemos o motivo polo que se comezou a celebrar este día, e coñecemos como é a vida das mulleres en distintas partes do mundo. Démonos conta de que en moitos países, a día de hoxe, as mulleres seguen sen poder votar, estudar, traballar, ter cartos, saír soas ou mesmo elixir con quen casarse.

Vimos por nós mesmos que todas as tarefas as poden realizar tanto homes coma mulleres (non entendemos por que se lle pon xénero a algo tan simple), e comprendemos, que como todas e todos somos persoas, debemos gozar dos mesmos dereitos e deberes. Que importante é a igualdade!

Cando xa sabíamos todo isto, tocounos a labor máis emocionante para nós... falar, escribir e debuxar ás mulleres máis importantes da nosa vida: nais, avoas, irmás, tías, amigas...

Grazas a todas elas por todo o que nos levan dado! 

Este aplauso é para vós. Feliz día! 👏👏👏👏👏👏














Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021