FRANKENSTEIN

Nesta historia, un home en busca da súa irmá encontra a Victor. Cando o recolle e o sube ao seu barco, Victor cóntalle a súa historia tan curiosa. Resulta que o Dr. Frankenstein creara un ser vivo a partir de partes doutras persoas mortas. Neses días en que o creaba morreu a súa nai, que antes de morrer díxolle que se casara coa súa irmá adoptiva, para que non se poideran separar nunca. O monstruo que Frankenstein creara, matou ao seu irmán pequeno e a irmá coa que se ía casar. Tamen matou a outro amigo, e todo polos ciumes que tiña da xente a que Victor queria.

Gustoume moito, e estaría ben que lle fixeran unha segunda parte. Os debuxos están moi ben e son tan guapos que foron os que me fixeron decidir por este libro e non por outro. Reproducen moi ben o ambente triste e tenebroso da historia. Por certo, o libro escribiuno unha muller chamada Mary Shelley no S XIX, e as ilustracións son dun debuxante francés chamado Marion Mousse. Aquí vos queda unha páxina, e algo máis abaixo o trailer dunha das primeiras películas que se fixeron sobre o libro. Esta é nada menos que de ¡1910!.
Comentarios