GRAZAS!

Todo o persoal do CEIP de Medeiros, queremos desexarvos un moi bo Nadal, un feliz aninovo e que o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de agasallos e especialmente de saúde e felicidade.

Non queríamos despedirnos sen dar as grazas de forma moi especial ás familias do noso alumnado. Sabemos que é unha situación complicada, que vos acompañou a incertidume e en moitas ocasións o medo; que vos tivestes que adaptar a novas normas e o cole tal e como o coñecíades, cambiou. Entendémosvos, porque nós sentimos o mesmo. Pero xuntos recorremos este camiño de tres meses, adaptándonos a esta "nova normalidade" que nos tocou vivir. Grazas por estar aí, por apoiarnos e por compartir con nós tantos momentos; aínda que sexa a distancia.

E como non, rematamos dando as grazas ao noso alumnado por ser tan marabilloso. Grazas por contaxiarnos a vosa alegría, enerxía e vitalidade. Grazas por axudarnos a entender que a "nova normalidade" pode ser tan boa coma a anterior se lle poñemos a cada día un sorriso. Grazas por ensinarnos tanto cada día.

Hoxe, o aplauso é para vós! 👏👏👏👏👏👏👏👏

BO NADAL!

Vémonos pronto!






Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021