NADAL

A principios de decembro algo comezou a cambiar no cole...

De súpeto as portas transformáronse, a nosa árbore caéronlle as follas de outono e saíronlle boliñas e cintas de cores, ao noso mural desaparecéronlle os esquíos e coma por arte de maxia... Convertéronse en renos!

Na entrada apareceu o Belén cos seus Reis Magos; tamén Papá Noel e un dos seus renos; e como non, o noso Apalpador coa súa pipa.

Mesmo fomos ao cole nevando!

Nós, non puidemos facer outra cousa que converternos en artífices de toda esta maxia e traballar arreo coa nosa ilusión como ferramenta. Fixemos múltiples manualidades e decoracións; cantamos, bailamos e escoitamos bonitas historias de Nadal; escribimos cartas con desexos para a humanidade e algún que outro regaliño... e metémolas no noso "Peto dos desexos", para que misteriosamente alguén as recolla e todo o que soñamos se faga realidade.

Aquí vos deixamos parte da nosa ilusión para que a poidades compartir con nós!























Comentarios

Entradas populares de este blog

LINGUA GALEGA - ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E REFORZO

ENTROIDO 2021