EDUCACIÓN INFANTIL - ACTIVIDADES
Estimadas familias:
Aquí vos deixamos diversas actividades, adxuntadas en imaxes, para realizar na casa seguindo as seguintes PAUTAS:
-Se tedes acceso a imprimir as imaxes de cada actividade, facédeo e así os vosos fillos poderán cumplimentalas no mesmo papel.
-Se non tedes acceso a imprimir as actividades, non pasa nada. Poderán ser feitas na libreta da materia correspondente ou noutro soporte de papel, copiando os enunciados dos exercicios.
-Se tedes algunha dúbida sobre algunha tarefa, poñédevos en contacto co correo electrónico:
dubidasexerciciosmedeiros@gmail.com
e responderásevos coa maior brevidade temporal posible.
EDUCACIÓN INFANTIL
Durante
a cuarentena para os nenos/as de educación infantil é fundamental establecer
unha rutina diaria (dentro das posibilidades e situación de cada un). Un plan
orientativo sería o seguinte:
-Levantarse,
asearse, almorzar e vestirse.
-Falar
sobre a data e o tempo.
-Actividades
do blog do centro no que aparecen os enlaces por idades, actividades de rasgar,
pegar, cortar,…
-Descanso
e axudar a poñer a mesa, autonomía persoal
e despois sesta ou xogos libres.
-Lectura,
adicar un ratiño as novas tecnoloxías, baile,…
-Chega
xa a hora da ducha, cea, conto e a durmir.
Esta
sería unha rutina orientativa que esperamos que vos sirva de axuda!!!!
ACTIVIDADES PARA 4º DE
EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS):
-Vogais:
Facer xogos nomeando palabras que empecen por cada letra (A,E,I,O,U) sempre
traballando con maiúsculas.
-Contar
obxectos, xogar ao “vexo, vexo”, buscar semellanzas con formas xeométricas
(cadrados, triángulos e círculos), falar das partes do corpo, dos coidados,
prendas de vestir,…Debuxar moitooo.
-Xogos
tradicionais: saltar a corda, construccións, pelota, dominós de imaxes,…
-Rasgar
papel, pintar e facer figuras con plastilina e identificar o 1,2 e 3 repasando
o seu trazo con: ceras, pinturas de dedos,…
-Aprender
cancións, adiviñanzas,…
-Manualidades
sinxelas.
ACTIVIDADES PARA 6º DE
EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS):
-Rutinas
diarias e autonomía: Recomedamos ensinarlles máis autonomía e que fagan todo
aquelo que son capaces de facer: vestirse, comer, axudar nas tarefas de
casa,…Tamén lerlles contos e repasar as
rutinas dos días da semana, meses do ano, estacións e tempo.
-Cada
cousa ao seu tempo: Acostumalos a esperar. Que aprendan que as súas necesidades
e desexos non se poden satisfacer no momento.
-Ler
e contar historias a diario.
-Escribir
frases cortas, listas de todo tipo (animais, plantas, amigos,…) nome e
apelidos…
-Manualidades
nas que empreguen: papeis, ceras, témperas…
-Xogos
de mesa: xogar ao tres en raia, parchís, dominó, facer labirintos…
-Xogos
de letras: xogar a palabras que comecen ou conteñan unha letra específica e
debuxar as cousas.
-Números:
sumas e restas simples, contar obxectos e escribir números, contar de forma
crecente e decrecente de dous en dous ata o 30.
-Xogar
coa pelota, corda…
Por outra parte deixamos Enlaces para poder
traballar cos máis pequenos:
MATERIAL ESPECÍFICO DE PT E
AL:
Comentarios